sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

Doce de kiwi

Hoxe imos con máis doces.
O meu cuñadísimo Javi regaloume unha bolsa de kiwis, e qué imos facer ademáis de comelos?, pois unha mermelada

Ingredientes:

1 Kg kiwis
700 grs de azucar
Zume de un limón e ralladura ( eu non añadín a ralladura)

Preparamos:

Pesamos os kiwis pelados e cortados en trozos pequenos, poñemolos co zucre en un bol de cristal ou porcelana, capa de kiwi, capa de zucre e deixamolos unhas 6 horas.
Botamos os kiwis nunha pota e mezclamos ben co zume de limón; Quentamos a lume lento suave, sin parar de remover, ata que o zucre estea disolto. Deixamos que ferva e que coza, removendo con frecuencia, durante uns 20 minutos.  Cando comeza a ferver, e vin que non se desfacía a froita, paseino polo pasapuré.

Comprobamos que está feita, poñendo un pouquiño de doce nun platiño: pasamos o dedo polo medio, si queda o espazo do medio, xa está lista; si non, cocemos durante 5 minutos máis.
Vertemos a mermelada en tarros de cristal, que previamente lavamos e esterilizamos ( nunha pota en auga fervendo e poñendo un pano na base para que non rompan os tarros e secámolos no forno); tapamos os tarros e facemos o vacio. Eu poño unha pota con auga ( e co pano na base) que cubra os tarros postos en vertical, deixamos ferver máis ou menos 30 minutos.


E xa está lista para desfrutar.

Bo proveito

Recomendación: É mellor facer o doce con dous kg de froita, xa que adicarlle tanto tempo e gas para dous tarros, parece que un non queda satisfeito

segunda-feira, 23 de janeiro de 2012

Biscoito de Chocolate feito hoxe, riquísimo e moi sinxelo

 
Biscoito de chocolate:

3 ovos
o seu mesmo peso en farina
o seu mesmo peso en zucre ( ou un pouquiño menos)
o seu mesmo peso en mantequilla ( ou un pouquiño menos)
o seu mesmo peso en chocolate de fundir ( menos 50 gramos que deixaremolos para facer pepitas de chocolate)
un pouquiño de sal ( para facer as claras a punto de neve)
Levadurina ( un sobre)
 
 

Como se prepara

Pon ao baño maría nunha taza  a mantequilla e o chocolate a lume lento ( acordate de deixar un pouquiño para facer as perlas de chocolate).
Cando empece a derreter, sacao do lume, botao nun recipiente máis grande e bótalle o zucre, revolve ata que se disolva.
Cando xa estea morno, bótalle as iemas, unha a unha e segue revolvendo. Vai botando a fariña mezclada coa levadurina e segue revolvendo.

Por outra banda, bate as claras (cun chisquiño de sal) a punto de neve, e cando estean listas, colle unha culler de madeira, e incorpora as claras a punto de neve á mezcla anteiror, pouco a pouco e con movementos envolventes ata que estean completamente ligados cos demáis ingredientes. ( se queres, agora que xa tes todo mezclado podes coller a batidora de varillas e batir un pouquiño). Fai unhas virutas de chocolate, mesmo cun coitelo e incorporas á mezcla. 

Pois xa está, colle un molde alargado ou como ti queiras, untado de mantequilla e espolvorea un pouco de fariña, botas a mezcla e méteo no forno pre-quentado a uns 130º, a media altura e con esta mesma temperatura. 50-60 minutos, pincha cun coitelo ou palillo largo, se sae limpo, xa está listo para almorzar, postrear ou cear.

Recorda, non saques o biscoito do molde ata que estea morno ou frio

Bo proveito Morgana, disfruta dun pequeno almorzo sano, sano, sano