sexta-feira, 27 de janeiro de 2012

Doce de kiwi

Hoxe imos con máis doces.
O meu cuñadísimo Javi regaloume unha bolsa de kiwis, e qué imos facer ademáis de comelos?, pois unha mermelada

Ingredientes:

1 Kg kiwis
700 grs de azucar
Zume de un limón e ralladura ( eu non añadín a ralladura)

Preparamos:

Pesamos os kiwis pelados e cortados en trozos pequenos, poñemolos co zucre en un bol de cristal ou porcelana, capa de kiwi, capa de zucre e deixamolos unhas 6 horas.
Botamos os kiwis nunha pota e mezclamos ben co zume de limón; Quentamos a lume lento suave, sin parar de remover, ata que o zucre estea disolto. Deixamos que ferva e que coza, removendo con frecuencia, durante uns 20 minutos.  Cando comeza a ferver, e vin que non se desfacía a froita, paseino polo pasapuré.

Comprobamos que está feita, poñendo un pouquiño de doce nun platiño: pasamos o dedo polo medio, si queda o espazo do medio, xa está lista; si non, cocemos durante 5 minutos máis.
Vertemos a mermelada en tarros de cristal, que previamente lavamos e esterilizamos ( nunha pota en auga fervendo e poñendo un pano na base para que non rompan os tarros e secámolos no forno); tapamos os tarros e facemos o vacio. Eu poño unha pota con auga ( e co pano na base) que cubra os tarros postos en vertical, deixamos ferver máis ou menos 30 minutos.


E xa está lista para desfrutar.

Bo proveito

Recomendación: É mellor facer o doce con dous kg de froita, xa que adicarlle tanto tempo e gas para dous tarros, parece que un non queda satisfeito

3 comentários:

  1. SE ti levas unha de kiwi (qué boa pinta), eu levarei outra de figos. Para eses almorzos no Caurel que nos agardan. Xa estou contando os días.
    Bicasos e ánimo con este blog. É unha delicatessen.
    Bicasos pa tos.

    ResponderExcluir
  2. Un bico moi grande ó proveedor de kiwis e que lle den polo saco a...(puta crise, ós bancos, aos empresarios, aos xefes, aios gobernantes, aos pperos, aos corruptos e a nai que os pareu a todos ).

    ResponderExcluir
  3. MMMMMm eu non teño man para os postres pero parece moi sinxelo. Xa me están medrando os dentes. Bicos e é un pracer que tan grande cociñeira nos aconselle.

    ResponderExcluir