terça-feira, 24 de abril de 2012

Tarta Guinness



INGREDIENTES:
Para a torta:
· 250 ml cervexa negra Guinness scout (utilicei a Guinness draught).
· 250 gr. Manteiga (utilicei menos cantidade)
· 75 gr. cacao en po (utilicei Valor)
· 400 gr. azucre ( utilicei 300 grs)
· 140 ml. de nata líquida para montar
· 2 ovos
· 1 cdta. de vainilla líquida (non o utilicei, engadín un sobre de azucre vainillado)
· 250 gr. fariña para repostaría
· 2'5 cdtas. de bicarbonato ( moi importante)


Para o frosting ( a crema blanca da guiness):
· 200 gr. queixo tipo Philadelphia
· 100 gr. azucre glas
· 200 ml. nata líquida para montar

Preparamos nun día chuvioso, sen presas:

Poñemos nunha pota a cervexa a quentar a lume medio, sen que chegue a ferver ( importante),
cando estea quente, engadímoslle a manteiga cortada en anacos e ímolo
movendo ata que a manteiga se derreta completamente, retirámolo do
lume e reservámolo.

Nunha cunca poñemos o cacao, o azucre, a fariña e o bicarbonato e mesturámolo
ata que queden ben ligados todos os ingredientes e dunha cor uniforme. (importante, ben mesturado).
Noutra cunca, poñemos a nata líquida, os ovos (e a vainilla líquida ou a vainilla azucarada) e o
mesturamos, cun batedor manual, ata que nos quede unha mestura uniforme, a
continuación engadimos o contido da pota ( xa debería estar morno), a cervexa coa manteiga, e o
mesturamos novamente ata integrar ben ambas as dúas mesturas.

Unha vez temos a mestura líquida rematada ímoslla incorporando aos
ingredientes secos e cunhas varas mesturámolo enerxicamente ata conseguir
unha masa uniforme e sen grumos, quedará bastante líquida, non vos asustedes é así,
logo solidifica e mostra unha textura substanciosa e húmida magnifica.

Pasamos a masa a un molde engraxado (o molde debe ser alto, a masa sobe moito, se o facedes non molde normal, non vai ser unha torta guiness) e introducímolo no forno, previamente
prequente a 180º, durante 50 minutos aproximadamente ou ata que o
piquemos e vexamos que sae limpo.

Unha vez transcorrido o tempo, sacámolo e deixámolo arrefriar no molde, para
posteriormente pasalo ao prato onde o vaiamos presentar.
Mentres, preparamos o frosting, mesturamos o queixo e o azucre, con
calquera batedor eléctrico, ata conseguir unha crema suave, despois lle
engadiremos a nata que previamente teremos montado e mesturámolo con
movementos suaves ata que estean ben integrados ambos os dous ingredientes,
conseguiremos unha crema lixeiramente untuosa que poñeremos sobre a torta xa
fría.
Canto máis alta quede a torta, máis apariencia terá de guiness.

A disfrutar cunha guinness ben fría.


domingo, 22 de abril de 2012

Mousse de chocolate



Ingredientes

400 gramos de chocolate de fundir ( 2 tabletas do de mercadona que está moi ben)
100 gramos de azucre
8 ovos

1 pouco de manteiga
1 pouco de ron

(estas cantidades dan para 8 persoas ou para duas si son Claudia e Manolo). Un bico os dous.

Preparamos con moito ollo todos os pasos:

1.- Poñemos o chocolate partido coa manteiga  en un bol de cristal ou porcelana á baño maría a lume moi suave e ollo que non ferva a auga ( pódese derreter no microonda pero eu non o fago porque se me pasa sempre). Cando estea a medio derreter, revolvede e si vedes que se desfan os trozos, sacadeo do lume porque senón pásase o chocolate e ponse duro como unha pedra.

2.- Mentres deixas que enfríe o chocolate, separas as claras das xemas. Bate as xemas con duas culleradas de azucre e revolve ben ata que estean cremosas e espumosas.

3.- Bate as claras de ovo cunha pizca de sal, a medida que vas batendo, vaille botando o azucre ( duas culleradas). Sabes cando están listas si non che caen líquidas e aguántanse na batidora.

4.- Xa tes o chocolate tibio, engade as xemas batidas, revolve ben e cando estea todo mezclado, vas engadindo cunha culler de madeira e con movimentos envolventes e pouco a pouco ( en tres pasos) as claras a punto de neve ( esto é para para que non baixen as claras).
Importante neste paso: non botes as xemas cando o chocolate estea moi quente nin deixes que se enfrie de todo.

5.- Revolve, envolve, envolve, volve a envolver con moito cariño e cando vexas que a mousse é uniforme, non a comas, métea na nevera unhas 2/3 horas.

Podes meter na nevera ese mesmo bol, pero si eres máis fisno, vas poñendo en cuencos a mousse e á nevera. Podedes acompañar con menta ou fresas ou arándanos ou grosellas, incluso nata. mmmmmmmmmmm



Saúde e bicos de chocolate para todos


sexta-feira, 20 de abril de 2012

RAXO RIQUÍIIIIIIIISIMO E FACÍLIIIIIIIIIIIIIIIISIMO



Hoxe ao mediodía, comemos lomo de porco cunha salsa deliciosa e sanísima. E por riba, a receita e moi fácil. Ahí vai

Ingredientes:

Raxo de porco de 1Kg
4 cenouras
1 cabeza de allo
1 cebola mediana
1 vaso de auga
1/2 vaso de aceite
1/2 vaso de vinagre
Sal

Prepapamos:

Metemos todos os ingredientes na pota ( o raxo enteiro e as hortalizas lavadas pero non pelamos nada), a lume baixo, lemos un libro durante duas horas ou vemos unha peli. Xa está feito? Pinchade para ver si están as cenouras. Si vedes que queda pouco prebe, engadir máis auga.

Retiramos o lomo enteiro, reservamos. Pasamos polo pasapuré a cebola e a cabeza de allo enteira cunha pouquiña de auga da cocción.

Collemos un bol, botamos a mezcla da cebola e do allo que acabamos de pasar polo pasapuré e o resto que queda na pota, e decir, o prebe e as cenouras. Batimos todo. debe de quedar una salsa lixeira como a da foto

Saúde.