
Ingredientes
400 gramos de chocolate de fundir ( 2 tabletas do de mercadona que está moi ben)
100 gramos de azucre
8 ovos
1 pouco de manteiga
1 pouco de ron
(estas cantidades dan para 8 persoas ou para duas si son Claudia e Manolo). Un bico os dous.
Preparamos con moito ollo todos os pasos:
1.- Poñemos o chocolate partido coa manteiga en un bol de cristal ou porcelana á baño maría a lume moi suave e ollo que non ferva a auga ( pódese derreter no microonda pero eu non o fago porque se me pasa sempre). Cando estea a medio derreter, revolvede e si vedes que se desfan os trozos, sacadeo do lume porque senón pásase o chocolate e ponse duro como unha pedra.
2.- Mentres deixas que enfríe o chocolate, separas as claras das xemas. Bate as xemas con duas culleradas de azucre e revolve ben ata que estean cremosas e espumosas.
3.- Bate as claras de ovo cunha pizca de sal, a medida que vas batendo, vaille botando o azucre ( duas culleradas). Sabes cando están listas si non che caen líquidas e aguántanse na batidora.
4.- Xa tes o chocolate tibio, engade as xemas batidas, revolve ben e cando estea todo mezclado, vas engadindo cunha culler de madeira e con movimentos envolventes e pouco a pouco ( en tres pasos) as claras a punto de neve ( esto é para para que non baixen as claras).
Importante neste paso: non botes as xemas cando o chocolate estea moi quente nin deixes que se enfrie de todo.
5.- Revolve, envolve, envolve, volve a envolver con moito cariño e cando vexas que a mousse é uniforme, non a comas, métea na nevera unhas 2/3 horas.
Podes meter na nevera ese mesmo bol, pero si eres máis fisno, vas poñendo en cuencos a mousse e á nevera. Podedes acompañar con menta ou fresas ou arándanos ou grosellas, incluso nata. mmmmmmmmmmm
Saúde e bicos de chocolate para todos
Cópiocha. Que ben!!!
ResponderExcluirTes ao "MEU HOME" namorado da túa mousse.
Voume ter que poñer as pilas non vaia ser que se me vaia con algunha pelandusca experta en mousse e outras artes amatorias.
¡Ai! ¡mulleriñas!
Pidenme per favore, se podes poñer a receita da tarta guiness. A mousse ESPECTACULAR. Alma golosa.
ResponderExcluirAlma Golosa, para ti con moito cariño. Avisa a quen a solicitou que ten que ter moita paciencia e facela con moito cariño. Moitas misturas e moitos movementos circulares e envolventes.
ExcluirUn bico