domingo, 22 de abril de 2012

Mousse de chocolate



Ingredientes

400 gramos de chocolate de fundir ( 2 tabletas do de mercadona que está moi ben)
100 gramos de azucre
8 ovos

1 pouco de manteiga
1 pouco de ron

(estas cantidades dan para 8 persoas ou para duas si son Claudia e Manolo). Un bico os dous.

Preparamos con moito ollo todos os pasos:

1.- Poñemos o chocolate partido coa manteiga  en un bol de cristal ou porcelana á baño maría a lume moi suave e ollo que non ferva a auga ( pódese derreter no microonda pero eu non o fago porque se me pasa sempre). Cando estea a medio derreter, revolvede e si vedes que se desfan os trozos, sacadeo do lume porque senón pásase o chocolate e ponse duro como unha pedra.

2.- Mentres deixas que enfríe o chocolate, separas as claras das xemas. Bate as xemas con duas culleradas de azucre e revolve ben ata que estean cremosas e espumosas.

3.- Bate as claras de ovo cunha pizca de sal, a medida que vas batendo, vaille botando o azucre ( duas culleradas). Sabes cando están listas si non che caen líquidas e aguántanse na batidora.

4.- Xa tes o chocolate tibio, engade as xemas batidas, revolve ben e cando estea todo mezclado, vas engadindo cunha culler de madeira e con movimentos envolventes e pouco a pouco ( en tres pasos) as claras a punto de neve ( esto é para para que non baixen as claras).
Importante neste paso: non botes as xemas cando o chocolate estea moi quente nin deixes que se enfrie de todo.

5.- Revolve, envolve, envolve, volve a envolver con moito cariño e cando vexas que a mousse é uniforme, non a comas, métea na nevera unhas 2/3 horas.

Podes meter na nevera ese mesmo bol, pero si eres máis fisno, vas poñendo en cuencos a mousse e á nevera. Podedes acompañar con menta ou fresas ou arándanos ou grosellas, incluso nata. mmmmmmmmmmm



Saúde e bicos de chocolate para todos


3 comentários:

  1. Cópiocha. Que ben!!!
    Tes ao "MEU HOME" namorado da túa mousse.

    Voume ter que poñer as pilas non vaia ser que se me vaia con algunha pelandusca experta en mousse e outras artes amatorias.
    ¡Ai! ¡mulleriñas!

    ResponderExcluir
  2. Pidenme per favore, se podes poñer a receita da tarta guiness. A mousse ESPECTACULAR. Alma golosa.

    ResponderExcluir
    Respostas
    1. Alma Golosa, para ti con moito cariño. Avisa a quen a solicitou que ten que ter moita paciencia e facela con moito cariño. Moitas misturas e moitos movementos circulares e envolventes.
      Un bico

      Excluir