terça-feira, 24 de abril de 2012

Tarta Guinness



INGREDIENTES:
Para a torta:
· 250 ml cervexa negra Guinness scout (utilicei a Guinness draught).
· 250 gr. Manteiga (utilicei menos cantidade)
· 75 gr. cacao en po (utilicei Valor)
· 400 gr. azucre ( utilicei 300 grs)
· 140 ml. de nata líquida para montar
· 2 ovos
· 1 cdta. de vainilla líquida (non o utilicei, engadín un sobre de azucre vainillado)
· 250 gr. fariña para repostaría
· 2'5 cdtas. de bicarbonato ( moi importante)


Para o frosting ( a crema blanca da guiness):
· 200 gr. queixo tipo Philadelphia
· 100 gr. azucre glas
· 200 ml. nata líquida para montar

Preparamos nun día chuvioso, sen presas:

Poñemos nunha pota a cervexa a quentar a lume medio, sen que chegue a ferver ( importante),
cando estea quente, engadímoslle a manteiga cortada en anacos e ímolo
movendo ata que a manteiga se derreta completamente, retirámolo do
lume e reservámolo.

Nunha cunca poñemos o cacao, o azucre, a fariña e o bicarbonato e mesturámolo
ata que queden ben ligados todos os ingredientes e dunha cor uniforme. (importante, ben mesturado).
Noutra cunca, poñemos a nata líquida, os ovos (e a vainilla líquida ou a vainilla azucarada) e o
mesturamos, cun batedor manual, ata que nos quede unha mestura uniforme, a
continuación engadimos o contido da pota ( xa debería estar morno), a cervexa coa manteiga, e o
mesturamos novamente ata integrar ben ambas as dúas mesturas.

Unha vez temos a mestura líquida rematada ímoslla incorporando aos
ingredientes secos e cunhas varas mesturámolo enerxicamente ata conseguir
unha masa uniforme e sen grumos, quedará bastante líquida, non vos asustedes é así,
logo solidifica e mostra unha textura substanciosa e húmida magnifica.

Pasamos a masa a un molde engraxado (o molde debe ser alto, a masa sobe moito, se o facedes non molde normal, non vai ser unha torta guiness) e introducímolo no forno, previamente
prequente a 180º, durante 50 minutos aproximadamente ou ata que o
piquemos e vexamos que sae limpo.

Unha vez transcorrido o tempo, sacámolo e deixámolo arrefriar no molde, para
posteriormente pasalo ao prato onde o vaiamos presentar.
Mentres, preparamos o frosting, mesturamos o queixo e o azucre, con
calquera batedor eléctrico, ata conseguir unha crema suave, despois lle
engadiremos a nata que previamente teremos montado e mesturámolo con
movementos suaves ata que estean ben integrados ambos os dous ingredientes,
conseguiremos unha crema lixeiramente untuosa que poñeremos sobre a torta xa
fría.
Canto máis alta quede a torta, máis apariencia terá de guiness.

A disfrutar cunha guinness ben fría.


Nenhum comentário:

Postar um comentário