segunda-feira, 27 de fevereiro de 2012

Crema de Cabaza

A crema de cabaza que leva algo máis que cabaza

Ingredientes
1 cabaza pequena
2 Cenorias
2 patacas medianas
1 Porro

Media cebola
Leite ( 1 vaso)
3 ou catro quesitos ( El Caserío)

Como preparamos?

Pelamos e cortamos a cabaza, as cenouras e as patacas en anacos similares e botámolas nunha pota con auga con sal, deixamos cocer a fogo medio

Picamos a cebola e o porro e botamos nunha tixola con aceite de oliva virxe a a pochar ( cun chisco de sal)

Cando os ingredientes da pota, estean cocidas ( como para facer puré), Se ves que ten moita auga, reserva unha pouca para que non che saia a crema moi líquida. Botamos o sofrito do porro e a cebola, collemos o pasapuré e pasamos todo de novo a pota.


Botamos un vaso de leite, os quesitos ( e si quedou moi espesa), colles un pouco de caldo que tes reservado ata que quede ao teu gusto. E pasamos a batidora

Lista para tomar

Bo proveito


5 comentários:

  1. Hai que rico neste fin de inverno. Tomamos nota señora cociñeira con tres estrelas boreais. Un abrazo.

    ResponderExcluir
  2. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  3. Rico, rico...pero o "porro" con moderación , que non a todo o mundo lle presta, agora que se é da casa, cultivado coas amorosas mans de Portericus, xa é outro cantar.

    Bicos ricos.

    ResponderExcluir
  4. Por qué non poñedes ás vosas receitas más ricas ? Acordeime onte cando estaba facendo mousse de limón.

    Mónican, tilas unha receita riquisima de mousse, creo que a min saleume fatal, fíxeno a ollo, porque non me acordaba da tua receita

    Un bico

    ResponderExcluir
  5. É tirada:
    6 iogures naturais
    medio bote de leite condensada ou máis (depende de se che gusta moi doce ou non )
    o zume de 6 limóns
    bátese, bátese, rebátese...ata que salga espumiña.
    Neveira un bo rato.
    Por riba unhas folliñas de menta e ala!

    ResponderExcluir