A crema de cabaza que leva algo máis que cabaza
Ingredientes
1 cabaza pequena
2 Cenorias
2 patacas medianas
1 Porro
Media cebola
Leite ( 1 vaso)
3 ou catro quesitos ( El Caserío)
Como preparamos?
Pelamos e cortamos a cabaza, as cenouras e as patacas en anacos similares e botámolas nunha pota con auga con sal, deixamos cocer a fogo medio
Picamos a cebola e o porro e botamos nunha tixola con aceite de oliva virxe a a pochar ( cun chisco de sal)
Cando os ingredientes da pota, estean cocidas ( como para facer puré), Se ves que ten moita auga, reserva unha pouca para que non che saia a crema moi líquida. Botamos o sofrito do porro e a cebola, collemos o pasapuré e pasamos todo de novo a pota.
Botamos un vaso de leite, os quesitos ( e si quedou moi espesa), colles un pouco de caldo que tes reservado ata que quede ao teu gusto. E pasamos a batidora
Lista para tomar
Bo proveito
Hai que rico neste fin de inverno. Tomamos nota señora cociñeira con tres estrelas boreais. Un abrazo.
ResponderExcluirEste comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirRico, rico...pero o "porro" con moderación , que non a todo o mundo lle presta, agora que se é da casa, cultivado coas amorosas mans de Portericus, xa é outro cantar.
ResponderExcluirBicos ricos.
Por qué non poñedes ás vosas receitas más ricas ? Acordeime onte cando estaba facendo mousse de limón.
ResponderExcluirMónican, tilas unha receita riquisima de mousse, creo que a min saleume fatal, fíxeno a ollo, porque non me acordaba da tua receita
Un bico
É tirada:
ResponderExcluir6 iogures naturais
medio bote de leite condensada ou máis (depende de se che gusta moi doce ou non )
o zume de 6 limóns
bátese, bátese, rebátese...ata que salga espumiña.
Neveira un bo rato.
Por riba unhas folliñas de menta e ala!